OLLADAS DE BARBEITOS
Preguntas
FAQ
Todos os apartamentos teñen jacuzzi?
Si, todos os nosos apartamentos dispoñen dun jacuzzi privado na terraza para que goces dun momento de relax cando queiras.
Dispoñedes de bonos agasallo?
Si, dispoñemos de bonos sen data para que poidas agasallar aos teus seres queridos. Contacta connosco para máis información.
Podo cancelar ou cambiar as datas?
Política de Cancelación
1- O cliente pode cancelar de forma gratuíta ata 14 días antes da data de chegada.
2- Se o cliente non se presenta terá que pagar o total da reserva.
3- Se o cliente cancela durante os 14 días previos á chegada, terá que pagar o total da reserva.
Política de Cambio de Datas
4- O cliente poderá solicitar un cambio de datas da súa reserva, suxeito á dispoñibilidade dos apartamentos (a dispoñibilidade pode consultarse na nosa web).
5- Poderase facer un cambio de datas de balde, solicitándoo como mínimo unha semana antes da chegada.
6- Se o cliente solicita un cambio de data nos 7 días previos á chegada, cobrarase 50 euros por cambio de data.
7- Se existise forza maior para a cancelación, consultar coa administración de Olladas de Barbeitos e estudaremos o caso.
Cobramos polo pack de leña da cheminea?
Non. O pack de leña está incluído na túa estancia para que poidas acender a cheminea sen custo adicional e gozar ao máximo da túa estancia.
Sodes petfriendly? Hai suplemento por traer mascotas?
Somos un aloxamento petfriendly. Queremos que goces da experiencia en compañía da túa mascota, sen ningún custo extra. Os nosos apartamentos petfriendly son: Picois, Cazurro e Penedón.
Dispoñedes de almorzo? Que inclúe?
Si. Ofrecemos un servizo de almorzo que podes engadir durante o proceso de reserva. Servímolo recentemente preparado na porta do teu apartamento a primeira hora da mañá.
O noso almorzo inclúe:
-
Un termo de café
-
Termo de leite enteiro (leite sen lactosa ou vexetal baixo petición)
-
Zume natural de mazá ou laranxa
-
Pan torrado
-
Mermelada
-
Mel
-
Manteiga
-
Tomate natural
-
Aceite
-
Sal
-
Bizcocho o dulce
-
Iogur
-
Froita de tempada
-
Azucre
-
Colacao, infusión/té ou descafeinado (baixo petición)
Como funciona o check-in?
É completamente autónomo. Recibirás as chaves para entrar no teu apartamento e acceder sen esperas. A entrada é a partir das 16:00 e a saída ata as 12:00.