A túa escapada cun 10% de desconto. Código: OLLADAS10

olladas de barbeitos

Apartamento de

planta baixa

Apartamento de planta baixa con dúas terrazas privadas e un jacuzzi
Apartamento de deseño

Os nosos apartamentos de planta baixa contan con dúas terrazas privadas, gran amplitude e unhas vistas privilexiadas á montaña. Está adaptado para persoas con mobilidade reducida. O apartamento conta cun jacuzzi exterior e cunha lareira de leña para que a túa estancia sexa memorable.

Ademais, tes a opción de contratar o noso servizo de almorzo: cada mañá unha cesta con produtos seleccionados agardarate na porta para que comeces o día con todo o sabor da zona.

Características

  • Check-in autónomo.
  • Adaptado para persoas con mobilidade reducida.
  • Capacidade máxima de 2 persoas.
  • Cama king size.
  • Botella de benvida
  • Dúas terrazas privadas e jacuzzi exterior.
  • Cociña totalmente equipada: vitrocerámica, microondas con función grill, cafeteira de cápsulas, pratos, vasos e cubertos. Tamén dispón de potas e tixolas.
  • Lareira e pack de leña incluídos.
  • Aerotermia.
  • Berce dispoñible baixo petición.
  • Apartamento pet friendly e sen ningún custo adicional.

Opinións

Experiencias reais de quen xa desfrutou de Olladas de Barbeitos. As súas palabras son a nosa mellor presentación.