A túa escapada cun 10% de desconto. Código: OLLADAS10

Experiencias

Natureza

Cascada de Vilagocende

Con súas 50 metros de caída libre, a Seimeira de Vilagocende ostenta o título da fervenza máis alta de Galicia e, sen dúbida, unha das máis impresionantes. A súa forza e beleza, especialmente en época de choivas, convértena nun destino imprescindible para os amantes da natureza.

Para llegar, toma la carretera LU-721 en dirección a Vilagocende. Pocos metros antes de la aldea, verás un cartel a la derecha que indica el inicio de la ruta y una zona de aparcamiento. Desde ahí, comienza un sendero corto y agradable, rodeado de robledales y pinos autóctonos, que poco a poco te adentra en un entorno cada vez más mágico.

O percorrido, de apenas 1,1 km e con moi pouco desnivel, é perfecto para calquera condición física. Ao final, unhas pasarelas de madeira anuncian a chegada ao gran momento: a impoñente cortina de auga do río Porteliña, que se desploma con estrondo e frescura, ofrecendo un espectáculo único para todos os sentidos.

Se queres unha vista diferente, un miradoiro situado sobre a cachoeira regalará outra perspectiva deste lugar emblemático de A Fonsagrada.

Rita Martínez Farrapeira, CC BY-SA 4.0 , vía Wikimedia Commons
Imagen: Rio de Porcos, vía BikerFriendly

Miradoiros de Montouto e Arexo

Nun contorno tan rico en natureza como A Fonsagrada, non poden faltar miradoiros que inviten a deternerse e contemplar a paisaxe. Un dos máis especiais é o Miradoiro de Montouto, que non só ofrece vistas espectaculares das terras fonsagradinas, senón que tamén está rodeado dun valioso patrimonio histórico no pleno Camiño Primitivo cara a Santiago.

Aquí atópanse as ruínas do Hospital de Montouto, construído no século XVII e en funcionamento ata principios do século XX, que daba acubillo aos peregrinos que percorrían esta ruta xacobea. Ao seu carón, a Ermida de Montouto mantén viva a tradición con romarías, e moi preto consérvase un vestixio da antiga necrópole megalítica: o Dólmen de Montouto, único en pé.

Outro recuncho que merece unha visita é o Miradoiro de Arexo, menos coñecido pero igualmente impresionante. Desde aquí, ábrese ante o visitante a panorámica do canón do río Navia, fronteira natural entre Asturias e Galicia, un espectáculo que combina a forza do relevo coa serenidade da paisaxe..

Taramundi

A menos dunha hora de A Fonsagrada atópase Taramundi, un destino imprescindible para quen busca combinar paisaxes naturais con patrimonio cultural. Esta pintoresca vila, situada na comarca asturiana de Os Oscos, é coñecida pola súa rica tradición artesanal e por manter vivas técnicas centenarias de traballo en ferro e madeira.

Un dos seus principais atractivos é o complexo de Muíños de Mazonovo, un conxunto de muíños hidráulicos restaurados que forman parte da famosa Ruta da Auga, onde se pode aprender sobre o enxeño tradicional e gozar dun paseo por un contorno natural cheo de encanto..

Alumaro,
CC BY-SA 4.0, vía Wikimedia Commons

Outros plans en A Fonsagrada

 

Pueblos emblemáticos: Veiga de Arroxo y Aldea de Fonfría

Siendo A Fonsagrada un municipio eminentemente rural, merece a pena achegarse a algúns dos seus pobos e aldeas para descubrir a arquitectura tradicional de montaña, feita en pedra, con hórreos, fontes, pequenas capelas e outras construcións típicas, ademais de gozar da calma da vida rural.

Entre eles destaca a Aldea de Fonfría, que conserva o legado do antigo hospital de peregrinos, que servía de albergue e posada para quen transitaba estas sendas seguindo a ruta dos Cabaleiros de San Xoán. Outro exemplo de interese é Veiga de Arroxo, un conxunto singular da parroquia de San Martín de Arroxo que reflicte a esencia da vida rural fonsagradina.

Monte Acevedo (Alto do Acevo)
Outro dos miradoiros naturais máis impresionantes de A Fonsagrada é o Alto do Acevo, situado na parroquia de Monteseiro. Con máis de mil metros de altitude, recibe o seu nome pola abundancia de acebos na zona, que tamén serven como refuxio para o gando durante o frío inverno e o calor do verán.

Desde este punto é posible observar unha variada fauna, incluíndo aves como petirrojos, arrendallos ou mirlos comúns, mentres se goza dunha panorámica espectacular dos montes fonsagradinos.