OLLADAS DE BARBEITOS
Nós
historia
No corazón de A Fonsagrada, entre montañas, bosques e camiños centenarios, un antigo cebadoiro de becerros atopou unha nova vida. O que antes fora un espazo de traballo rural transformouse en oito apartamentos de deseño, pensados para quen busca unha experiencia de descanso auténtica, con todas as comodidades modernas. Apostamos por materiais locais como a madeira de piñeiro galego e unha arquitectura que respecta a contorna, integrándose de xeito natural na paisaxe que nos arrodea.
Premios e recoñecementos
O noso proxecto non só conquistou a quen nos visita, senón tamén a profesionais da arquitectura e do deseño. A singularidade de transformar un antigo cebadoiro de becerros nun conxunto de apartamentos de luxo, respectando a contorna natural e empregando materiais locais, espertou o interese de xurados e expertos a nivel estatal.
Premio Arquitectura en Madeira CESUGA
Fomos gañadores do prestixioso premio Arquitectura en Madeira CESUGA – Piñeiro de Galicia, un galardón que recoñece a excelencia no uso da madeira como elemento construtivo e decorativo, premiando a calidade, sustentabilidade e beleza do proxecto. Este recoñecemento pon en valor a nosa aposta por traballar con piñeiro galego, un recurso natural de proximidade que achega calidez e durabilidade a cada apartamento.
Premios Colegio Oficial de Arquitetos de Galicia en Galicia 2025
Fuimos finalistas en los Premios COAG de Arquitectura en Galicia 2025, que contó con la candidatura de 243 propuestas aprobadas, ejecutadas y finalizadas entre el 1 de octubre de 2022 y el 30 de septiembre de 2023. Estos premios buscan reconocer y divulgar lo mejor de la arquitectura gallega.
Premios de Arquitectura do Colexio de Arquitectos de España
Fomos finalistas nos Premios de Arquitectura do Colexio de Arquitectos de España, un dos certames máis relevantes do país. Formar parte desta selección significa que o noso proxecto está entre as propostas máis innovadoras e respectuosas coa contorna a nivel estatal.
Premio especial a la Sostenibilidad de la Xunta de Galicia
Fomos galardoados co Premio Especial á Sostibilidade no marco dos galardóns de Arquitectura e Rehabilitación que concede a Xunta de Galicia. Este premio autonómico recoñece proxectos que destacan polo seu deseño responsable co medio ambiente, o uso eficiente dos recursos e a consideración das futuras xeracións. Reflicte o no
A nosa filosofía
En Olladas de Barbeitos coidamos cada detalle: desde a botella de benvida ata asegurarnos de que todo estea ao teu gusto. A limpeza impecable e o coidado en cada recuncho son a nosa prioridade.
Cremos que viaxar é moito máis que cambiar de lugar: é unha oportunidade para reconectar contigo mesmo e coa natureza. Por iso, cada apartamento foi deseñado para invitar á calma, combinando amplas vistas ao monte coa calidez da madeira que envolve cada estancia.
Defendemos un turismo respectuoso, que achegue valor á comunidade local e preserve a contorna para as xeracións futuras. Cada visita é unha experiencia pensada para que te sintas coidado, relaxado e en harmonía coa natureza.
COMO CHEGAR
Unha vez chegues a A Fonsagrada, só tes que seguir 5 minutos máis pola estrada LU-701. Simplemente, segue recto na mesma dirección da que viñas. Unha vez en Barbeitos, atoparás o Mesón 4 Ventos nunha intersección de camiños. Á dereita atoparás os apartamentos Olladas de Barbeitos.